INVESTIGAS EN
GALEGO?
Co financiamento da:
Desde a Asemblea de Investigadoras de Compostela (AIC) queremos promocionar a quen emprega a lingua propia tamén na súa faceta investigadora.
De aí nace a iniciativa Investiga en galego, para tamén animar ó resto a facelo.
Atoparás a continuación varias investigadoras que empregan o galego con naturalidade á hora de realizar a súa tese e que responderon algunhas preguntas.
Ademais desta páxina, esta campaña ten unha versión paralela en carteis.
Grazas a todas por participar.
INVESTIGA EN
GALEGO
Isto foi o que preguntamos. Baixa ou preme en cada unha para ver as respostas.
INVESTIGA EN
GALEGO
1 - Por que escolliches elaborar a túa tese en lingua galega?
Decidín que fora a miña lingua de traballo xa dende antes do traballo de fin de grao — David Manuel
Porque é a miña lingua e considero que como tal debería poder empregala en tódolos ámbitos da miña vida — Jéssica
Por principios e defensa do galego na ciencia — Daniel
Por coherencia coa lingua propia da institución onde elaborei a miña tese e do contexto territorial no que realicei a correspondente investigación — Kylyan Marc
INVESTIGA EN
GALEGO
1 - Por que escolliches elaborar a túa tese en lingua galega?
En primeiro lugar, porque é o natural. E, en segundo lugar, porque o galego tamén é o idioma da ciencia, é unha forma de por en valor a nosa lingua — Aida
Porque é a lingua coa que me expreso no meu día a día e porque quero contribuír ao seu uso no ámbito científico. Nos artigos que fixen durante a miña tese non puiden empregar o galego mais coa tese teño por fin a oportunidade de facelo. — Laila
Máis alá de ser a miña lingua habitual, entendín que unha tese enfocada sobre un asunto territorial galego merecía ser redactada en lingua galega. — Diego
INVESTIGA EN
GALEGO
1 - Por que escolliches elaborar a túa tese en lingua galega?
Porque é na lingua na que me comunico, e se debería fomentar a investigación tamén en lingua galega — Alba
É a lingua da miña terra e gústame que se emprege en todos os ámbitos posibles. Incluído a investigación, á que me dedico. Ademais, tanto no meu departamento como grupo de investigación é a lingua maiormente empregada. Polo que me sinto moito máis cómodo e respaldado empregándoa. — José Manuel
INVESTIGA EN
GALEGO
1 - Por que escolliches elaborar a túa tese en lingua galega?
Inicialmente pensaba escribila en inglés, por pragmatismo e por facilitarlle a lectura aos investigadores de fóra (sobre todo ao tribunal). Escribila en castelán para min non foi unha opción, xa que non considero que de cara aos lectores externos supoña unha vantaxe sobre o galego. Por outro lado, os resultados máis útiles e interesantes da miña tese están xa publicados ou a piques de estalo, e escríbese moi pouca ciencia en galego. De feito, polo que puiden explorar en Minerva, o número de teses doutorais en ciencias escritas e defendidas en galego é moi baixo. Pareceume importante tomar a decisión de facer a miña tese en galego e contribuír a que a lingua non desapareza dos espazos académicos — Silvia D.
INVESTIGA EN
GALEGO
2 - Tiveches (ou tes) algunha dificultade á hora de preparar a túa tese en galego?
De momento só con algunha terminoloxía da área — Alba
En xeral, non, pois o meu ambiente de traballo é en xeral sensible á cuestión lingüística. Puntualmente, un sempre se atopa con certos prexuizos, mais non foron protagonistas. — Diego
Á hora de traducir algúns conceptos e termos concretos — David Manuel
INVESTIGA EN
GALEGO
2 - Tiveches (ou tes) algunha dificultade á hora de preparar a túa tese en galego?
Estounas tendo sobre todo á hora de redactar. Moitas palabras e técnicas non teñen sequera tradución ao castelán, polo que me vexo obrigada a traducilas de forma forzada ou a deixalas en inglés. Ademais, ao non estar acostumada á linguaxe científica en galego, tendo a empregar moitos castelanismos. — Silvia D.
Non, máis alá dalgunha cuestión terminolóxica — Daniel
INVESTIGA EN
GALEGO
2 - Tiveches (ou tes) algunha dificultade á hora de preparar a túa tese en galego?
Non — José Manuel e Kylyan Marc
Polo momento, non. — Aida
Ao ser un ámbito científico no que existen realidades específicos en moitas ocasións vinme na obriga de empregar termos de outras linguas (castelán ou inglés) ao non ter eses termos recoñecidos na nosa normativa linguística. De feito, houbese agradecido ter máis ferramentas de consulta para non ter que empregar eses termos. — Jéssica
INVESTIGA EN
GALEGO
2 - Tiveches (ou tes) algunha dificultade á hora de preparar a túa tese en galego?
Aínda non presentei a miña tese pero penso que o meu principal problema será á hora de conseguir a mención internacional. Para iso, debe haber polo menos unha persoa no meu tribunal que pertenza a un centro estranxeiro. Esta persoa, ademais, para podela redactar e presentar en galego, debe coñecer o noso idioma. Outro dos problemas que penso que terei será atopar os termos correctos en galego para determinados conceptos científicos para os cales non existe unha tradución oficial. — Laila
INVESTIGA EN
GALEGO
3 - De ser así, como a(s) solucionaches?
Traducíndoos segundo o meu criterio pero tamén buscando noutros traballos feitos en galego — David Manuel
Púxenme en contacto co SNL para preguntar e senón preguntando aos posdoc do grupo — Alba
Aínda non lle atopei solución mais intentarei atopar a unha persoa que traballe no estranxeiro e sexa galega. En canto á utilización de termos, non sei cal é a mellor solución. — Laila
INVESTIGA EN
GALEGO
3 - De ser así, como a(s) solucionaches?
Coa redacción estame axudando moito o diccionario castelán-galego de Rinoceronte — Silvia D.
Como indico na pregunta previa, en moitos casos empregando os termos de outras línguas ou buscando o símil máis axeitado dentro da nosa . — Daniel
Como indico na pregunta previa, en moitos casos empregando os termos de outras línguas ou buscando o símil máis axeitado dentro da nosa. — Jéssica
INVESTIGA EN
GALEGO
4 - Que beneficios tivo (ou ten) para ti facer a tese en galego?
Para min persoalmente ningún, como tampouco os tería escribila en inglés ou castelán. Agardo que para a ciencia en galego si que teña algún! — Silvia D.
Satisfacción persoal — Daniel
Dar visibilidade e valor a unha realidade social galega na lingua que lle corresponde. Alén diso, facilita enormemente nomear e describir as realidades especificas dun pobo e dun territorio na súa lingua propia. — Kylyan Marc
Poder expresarme libremente na miña lingua. — Jéssica
INVESTIGA EN
GALEGO
4 - Que beneficios tivo (ou ten) para ti facer a tese en galego?
O máis inmediato é a facilidade que outorga traballar na túa lingua. Logo, tamén, se o traballo de campo cualitativo foi realizado en lingua galega, a transcrición e análise dos datos será máis afinada se non precisa dunha tradución, sempre complexa. A partir de aí, trátase dun traballo que quedará para sempre en aberto para consulta de toda a cidadanía, polo que celebro que se trate dun documento redactado en galego. As teses por compendio de publicacións permítennos tamén combinar o traballo en galego con publicacións de impacto, habitualmente en inglés, polo que se trata dun equilibrio interesante. Coido que tamén é de celebrar que existan pequenos incentivos (axudas, premios, etc) para aquelas persoas que optamos por redactar a tese en galego. — Diego
INVESTIGA EN
GALEGO
4 - Que beneficios tivo (ou ten) para ti facer a tese en galego?
Tendo en conta que a tese céntrase no estudo da realidade galega, coido que será a mellor ponte para achegar os resultados da investigación ás persoas involucradas na mesma. Se non empregase o galego penso que o impacto social sería moito máis limitado, algo ben interesante nestes momentos que parece que todo ten que ser en inglés... Probablemente ese sexa o maior beneficio. — Silvia D.
É moito máis sinxelo para min que facela nunha lingua non materna — José Manuel
Poder por en valor a lingua na que falo, a cal leva décadas maltratadas — Alba
INVESTIGA EN
GALEGO
4 - Que beneficios tivo (ou ten) para ti facer a tese en galego?
Facer a tese en galego permitirame empregar o idioma no que me expreso a maior parte do meu tempo e no que me sinto máis cómoda na miña investigación. — Laila
Ningún alén do miña propia satisfacción persoal — David Manuel
INVESTIGA EN
GALEGO
Agradecémoslles a participación desinteresada a
Laila Al-Soufi Novo
que traballa nunha tese titulada
Unha aproximación xenómica á asociación entre tabaquismo e esquizofrenia
José Manuel Amoedo Meijide
que traballa nunha tese titulada
Ampliando o coñecemento sobre a relación entre o enfoque funcional e persoal para o estudo das desigualdades. Os casos de España e Galicia durante a pandemia da Covid-19
Kylyan Marc Bisquert i Pérez
que traballa nunha tese titulada
A dimensión socioeducativa do movemento agroecolóxico en Galicia: a dieta e o sistema agroalimentario como eixos da sustentabilidade
Daniel Cajade Pascual
que traballa nunha tese titulada
Morfodinámica, Reconstrución Paleoambiental e Xestión do Illote Areoso (Ría de Arousa)
Diego Cidrás Fernández
que traballa nunha tese titulada
Cara á deseucaliptización de Galicia? Un conflito paisaxístico caracterizado a través dalgunhas manifestacións no territorio galego
INVESTIGA EN
GALEGO
Agradecémoslles a participación desinteresada a
Diego Cora Calvo
que traballa nunha tese titulada
Oligomerización del beta-Amiloide e interacción con proteínas plasmáticas. Detección y cuantificación mediante sondas fluorescentes
Silvia Diz
que traballa nunha tese titulada
Análise xenética-poboacional da variabilidade na susceptibilidade á infección por SARS-CoV-2
David Manuel Gómez Novo
que traballa nunha tese titulada
Mobilización, combate e itinerarios posteriores de soldados do Salnés na Guerra de España
Silvia González Rodríguez
que traballa nunha tese titulada
A experiencia estética no espazo relixioso contemporáneo da península ibérica e as súas hibridacións co pensamento oriental (1977-2000)
Aida Lorenzo Campos
que traballa nunha tese titulada
Educación, cidadanía e empoderamento colectivo: análise de prácticas singulares para a acción comunitaria na Galiza
INVESTIGA EN
GALEGO
Agradecémoslles a participación desinteresada a
Alba Paz Castro
que traballa nunha tese titulada
Expandindo a farmacoloxía do receptor CX3CR1 de fractalquina: identificación de ligandos activos e descifrado da súa sinalización intracelular
Santiago Rodríguez Caramés
que traballa nunha tese titulada
O lugar da arquitectura galega contemporánea (1970-2000): autorreflexións e olladas vernáculas. Teoría, historiografía, praxe
Laura Rubio Lareu
que traballa nunha tese titulada
Estratexias analíticas integrais para novos retos no control da seguridade de cosméticos
Jéssica Sanmarco
que traballa nunha tese titulada
Memorias percibidas de feitos experimentados e vistos en vídeo: utilidade forense dos critérios de análise de contido
Noelia Vicho de la Fuente
que traballa nunha tese titulada
Impacto da dermatite atópica adolescente dende unha perspectiva de coidado centrada na familia
INVESTIGA EN
GALEGO